O amor é un xogo tolo
En Item-Aga queremos ir cambiando de forma progresiva a imaxe un pouco tradicional dos xestores administrativos con creatividades actuais, lúdicas e divertidas.
Para iso acabamos de realizar un conxunto de cinco carteis que, aínda que mantén a súa finalidade informativa con datos útiles sobre os servizos dos despachos, tamén exerce un poder de atracción sobre o cliente grazas ao seu estilo sutilmente provocador.