Tomás Barros nos fondos do Concello de Ferrol
Os fondos do Concello de Ferrol contan con obras deste xenial artista multidisciplinar ao que se lle dedicou unha exposición no Centro Torrente e o catálogo correspondente.
Os fondos do Concello de Ferrol contan con obras deste xenial artista multidisciplinar ao que se lle dedicou unha exposición no Centro Torrente e o catálogo correspondente.
Un ano máis, e xa van uns cantos, a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrol confía en Item Aga para o deseño da cartelería e outros soportes divulgativos dos seus principais eventos.
As páxinas de ‘Tempo Escuro’ recollen as fotografías de Peter Schneider do que se deu en chamar zona cero do desastre.
Contigo Galicia é o lema da nova campaña informativa que realizamos en Item-Aga para o Colexio de Xestores Administrativos de Galicia. Con ela quérese mostrar a clara vocación de servizo aos galegos dos case 600 profesionais que integran esta corporación.
É este un paradigma do traballo que Item-Aga vén realizando dende o seu nacemento como empresa de comunicación integral, e ten que ver coa xestión da Identidade empresarial e institucional, labor que nos apaixona e nos permite en moitas ocasións acompañar ás entidades e empresas na súa evolución.
Dende o seu nacemento, o obxectivo de Item-Aga é ofrecer servizos integrais no ámbito da comunicación e o deseño, baixo os parámetros da calidade, a creatividade e a eficacia. Isto permítenos acompañar as empresas no seu día a día e dende os seus inicios.
Tal é o caso de Casalexo, restaurante de cociña sinxela, de tempada, apegada ao produto e aos sabores da terra e do mar, de mercado, completada cunha coidada e variada adega, con viños de distintas procedencias.
O día 5 de novembro de 1916 eran inauguradas as escolas Concepción Arenal e Curros Enríquez, que foran fundadas dende A Habana pola Sociedad de Instrucción Naturales del Ayuntamiento de Fene.
Cen anos despois dese acontecemento histórico, o Concello de Fene quixo render homenaxe a todas as persoas que, dende a outra beira do Atlántico contribuíron co seu apoio económico, de forma anónima e desinteresada, á modernización do panorama educativo daqueles anos.
Grupo Nove, a Asociación que aglutina a 24 cociñeiros galegos e 18 restaurantes –con nada menos que 8 estrelas Michelin, 17 soles Repsol e varios campións de España de cociñeiros, recoñecidos dentro e fóra do país– confía dende hai anos en Item-Aga á hora de xestionar a súa comunicación, así como conceptualizar e desenvolver eventos promocionais.