• 09-01-2018

Contigo Galicia é o lema da nova campaña informativa que realizamos en Item-Aga para o Colexio de Xestores Administrativos de Galicia. Con ela quérese mostrar a clara vocación de servizo aos galegos dos case 600 profesionais que integran esta corporación. A estratexia de comunicación fai fincapé no vínculo existente entre os profesionais do Colexio e o territorio galego, relación que se visualiza na integración da marca profesional G.A. co nome de “Galicia”. Ademais da creación de imaxe e lema, a campaña consta de varias pezas de comunicación como calendarios de sobremesa, parede e diversas accións promocionales en RRSS, nas que se van utilizar 13 fotografías representativas do territorio galego.