O amor é un xogo tolo

En Item-Aga queremos ir cambiando de forma progresiva a imaxe un pouco tradicional dos xestores administrativos con creatividades actuais, lúdicas e divertidas.
 Para iso acabamos de realizar un conxunto de cinco carteis que, aínda que mantén a súa finalidade informativa con datos útiles sobre os servizos dos despachos, tamén exerce un poder de atracción sobre o cliente grazas ao seu estilo sutilmente provocador.


Ver máis

Cun Xestor Administrativo si Renda

 Tralo éxito acadado na campaña informativa desenvolvida en redes sociais en novembro de 2016 para dar a coñecer a convocatoria de exames de acceso á profesión de xestor administrativo, en Item-Aga preparamos outra acción promocional a través de canles sociais para provocar que cidadáns e empresas acudisen a estes despachos para facer a súa Declaración da Renda.


Ver máis