• 06-06-2017

Cun Xestor Administrativo sí Renda


 Tralo éxito acadado na campaña informativa desenvolvida en redes sociais en novembro de 2016 para dar a coñecer a convocatoria de exames de acceso á profesión de xestor administrativo, en Item-Aga preparamos outra acción promocional a través de canles sociais para provocar que cidadáns e empresas acudisen a estes despachos para facer a súa Declaración da Renda.
 Con este fin, articulamos a campaña “Cun Xestor Administrativo si renda” consistente en sete spots de 30 segundos de duración con testemuñas de contribuíntes reais, que se difundiron a través de redes sociais.
 A acción promocional online completouse cunha campaña de anuncios en Google Adwords con consellos para facer a Declaración e un enlace á rede de xestorías administrativas galegas, para que os cidadáns puidesen atopar o despacho colexiado máis próximo.
Aínda que as accións principais se desenvolveron online, o labor de relacións públicas exercida por Item-Aga foi fundamental para lograr que a mensaxe da corporación tivese eco nos medios de comunicación offline galegos e nacionais.
Por iso non só se convocou á prensa ao comezo da campaña de Renda para presentar as accións informativas do Colexio, senón que se enviaron varias notas de prensa con advertencias e consellos para non cometer erros á hora de tributar e editáronse e distribuíron carteis informativos entre os case 600 despachos colegiados co lema e imaxe de campaña, tamén creatividade de Item-Aga.