Carteis Normalización Lingüística

Un ano máis, e xa van uns cantos, a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrol confía en Item Aga para o deseño da cartelería e outros soportes divulgativos dos seus principais eventos.

Ver máis

Contigo Galicia

Contigo Galicia é o lema da nova campaña informativa que realizamos en Item-Aga para o Colexio de Xestores Administrativos de Galicia. Con ela quérese mostrar a clara vocación de servizo aos galegos dos case 600 profesionais que integran esta corporación.
 

Ver máis

SEITURA22

É este un paradigma do traballo que Item-Aga vén realizando dende o seu nacemento como empresa de comunicación integral, e ten que ver coa xestión da Identidade empresarial e institucional, labor que nos apaixona e nos permite en moitas ocasións acompañar ás entidades e empresas na súa evolución.

Ver máis

TEMPO DE QUEIXOS 4ª edición

Dende o seu nacemento, o obxectivo de Item-Aga é ofrecer servizos integrais no ámbito da comunicación e o deseño, baixo os parámetros da calidade, a creatividade e a eficacia. Isto permítenos acompañar as empresas no seu día a día e dende os seus inicios.
Tal é o caso de Casalexo, restaurante de cociña sinxela, de tempada, apegada ao produto e aos sabores da terra e do mar, de mercado, completada cunha coidada e variada adega, con viños de distintas procedencias.

Ver máis

EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO “CENTENARIO DAS ESCOLAS DE INSTRUCCIÓN DOS NATURALES DEL AYUNTAMIENTO DE FENE”

O día 5 de novembro de 1916 eran inauguradas as escolas Concepción Arenal e Curros Enríquez, que foran fundadas dende A Habana pola Sociedad de Instrucción Naturales del Ayuntamiento de Fene.
Cen anos despois dese acontecemento histórico, o Concello de Fene quixo render homenaxe a todas as persoas que, dende a outra beira do Atlántico contribuíron co seu apoio económico, de forma anónima e desinteresada, á modernización do panorama educativo daqueles anos.

Ver máis

TOUR GRUPO NOVE

Grupo Nove, a Asociación que aglutina a 24 cociñeiros galegos e 18 restaurantes –con nada menos que 8 estrelas Michelin, 17 soles Repsol e varios campións de España de cociñeiros, recoñecidos dentro e fóra do país– confía dende hai anos en Item-Aga á hora de xestionar a súa comunicación, así como conceptualizar e desenvolver eventos promocionais.










Ver máis